lunes, 14 de septiembre de 2009

O vídeo como recurso educativo na aula.

Orientacións para aproveitar o recurso do vídeo nas aulas.
Enlace para traballar con variedade de vídeos en galego, son moi axeitados para levar as aulas dada a súa brevidade e calidade. Preme para elexir: Exemplos:


Enlace ao vídeo "A escola das areas" en galego.
Animación en plastilina, baseada nun texto de Frai Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo. Exemplo de actividades sobre o vídeo. AQUÍ

Enlace ao vídeo "O diário de Berto" escrito e dirixido por Roque Cameselle, aquí en castelán.
Berto posúe unha lóxica reflexiva extraordinaria e unha sensibilidade especial de cara ao seu entorno; un entorno completamente plural, como a realidade mesma. A través dos seus ollos, pódense apreciar moitas das características que veñen marcando os vertixinosos cambios sociais que remataron modificando, por exemplo, o escenario tradicional da familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario