domingo, 20 de diciembre de 2009

O Apalpador, personaxe do nadal galego que compite con Papanoel.


Cantiga recollida no courel.
Vaite logo meu ninín/neniña,
marcha agora para a camiña,
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande,
día do noso Señor.
xa chegou o día grande,
e virá o Apalpador.

Mañã é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba,
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario