miércoles, 3 de marzo de 2010

Elaborar traballos co sistema LIM


O lim é un entorno para a creación de materiais educativos formado por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e un archivo en formato XML (libro), creado por Fran Macías.

Preme para facer a DESCARGA DO PROGRAMA. e/ou ler manuais sobre o seu uso.

O que se descarga é un zip que unha vez baixado ao ordenador, debemos darlle a extraer aquí (botón dereito sobre o zip) e estára listo para usar. De cando en vez baixade o último que teñan que o actualizan e melloran continuamente.

Dende ese enlace tedes outras opcións listadas na zona da esquerda para coñecer como é LIM, enlaces de materiais interesantes (incluido o zip por se non o tiñades no ordenador)
Neste curso contamos con Xose Antón Vicente para poñernos ao día neste fantástico sistema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario